Cumberbatch e Strong, no futuro asolagado

348

Benedict Cumberbatch, Mark Strong, Katherine Waterston, Joel Fry, Gina McKee e mais Nina Sosanya son os novos nomes que veñen de se unir ao da protagonista Jodie Comer no elenco do filme distópico de Mahalia Belo The End We Start From.

Baseada na novela de Megan Hunter e adaptada por Alice Birch, a história sitúa-se no médio dunha crise medioambiental no futuro próximo, na que devastadores alagamentos mergullan a cidade de Londres. O argumento vai sobre unha muller que ven de dar a luz e que está a tentar regresar á súa casa.

Leah Clarke, Adam Ackland, Liza Marshall, Amy Jackson e Sophie Hunter producen o proxecto, que xa comezou a súa rodaxe.