Akira ao cinema

1100

AkiraLeonardo DiCaprio vai-se asociar á Warner Brothers para producir un filme de acción real baseado no popular manga e anime Akira.

Ruairi Robinson foi contratado para dirixir o que nun princípio será un filme épico dividido en dúas partes. A película marcará o debut na realización de longametraxes de Robinson, cuxa curta animada de ciéncia-ficción Fifty Percent Grey foi nominada a un Oscar. Gary Whitta escribirá a adaptación, que DiCaprio producirá a través da súa empresa Appian Way.

Akira é todo un clásico para os afeccionados. Orixinou-se en 1988 coma un manga (un cómic xaponés) e despóis converteu-se nun anime (película de debuxos animados xaponeses), con guión e dirección de Katsuhiro Otomo. A história está ambientada nunha cidade futurista alumeada polas luces de neón, chamada Nova Tóquio en 2019, onde un membro dunha banda de moteiros é obrigado a participar nun experimento do governo que desata os seus poderes até daquela agochos. O líder da banda deberá atopar un xeito de deter a vaga de destrución causada.

Akira leva moito tempo en desenvolvemento pola compañía, cos produtores Jon Peters e Basil Iwanyk implicados en diversos intres, así coma os directores Stephen Norrington e Pitof. Os dereitos caducaron, pero a Warner mercounos outra vez a Robinson, que é o que ten a ideia de adaptar o filme en dúas partes.

A história, nombergantes, trasladará-se até “Nova Manhattan”, unha cidade reconstruida polos xaponeses. Os estudos agardan que se todo vai ben podamos falar da estrea da primera parte alá polo verán de 2009.