A popular franquía de manga e anime Attack on Titan terá unha versión en musical.
A editorial Kodansha anunciou esta fin de semana os seus plans para adapta o manga aos escenários en Tóquio, combinando a posta en escea e a música tradicionais coa tecnoloxía mais avanzada.
A série de manga de 34 volumes orixinal de Hajime Isayama comezou a se publicar en 2009 e rematou o ano pasado, mentres que a adaptación ao anime aínda ten vários episódios por diante.
A história está ambientada nun mundo no que a humanidade ve-se obrigada a vivir en cidades rodeadas por tres enormes muros que a protexen de xigantescos humanoides devoradores de homes aos que se denomina Titáns. O protagonista é Eren Yeager, quen xura exterminar aos Titáns despois de que estes provoquen a destrución da súa cidade natal e a morte da súa nai.
Gō Ueki dirixirá a adaptación teatral, con Masafumi Hata coma libretista e o artista de hip hop Takeshi Sakuma (mais coñecido coma Ken the 390) coma director musical. No elenco participan Sara Tataksuki coma Mikasa, Eito Konishi coma Armin e Ryo Matsuda coma Levi, xunto con Yū Fukuzawa, Mimi Maihane, Mitsuru Karahashi, Riona Tatemichi, Takurō Ōno, Yasue Kazuaki, Tomoya Nakanishi, Sena, Mitsu Murata, Takeshi Hayashino e Masanori Tomita.
Cómpre salientar que un intento anterior de adaptar este manga para os escenários en 2017 rematou en traxédia cando un director de acrobácia morreu durante os ensaios, e a obra cancelou-se antes de chegar a se representar perante o público.
Attack on Titan: The Musical estreará-se en Osaka e Tóquio en xaneiro de 2023.