Poe en galego

1294

Edgar Allan PoeO luns 19 celébra-se o 200 aniversário do nacemento de Edgar A. Poe e Edicións do Cumio quere celebra-lo co lanzamento da Biblioteca Edgar A. Poe.

Edgar Allan Poe naceu en Boston o 19 de xaneiro de 1809. Fillo de pais adicados ao teatro itinerante, ficou orfo sendo neno. Aos seis anos viaxou coa súa familia adoptiva a Inglaterra, voltando aos Estados Unidos en 1820. Faleceu en Baltimore en 1849. Poeta, crítico e xornalista, está universalmente recoñecido como o mestre do relato curto. Renovador da novela gótica, ademais de ser un xénio nos contos de terror, innovou creando os relatos detectivescos.

A súa figura deixou pegada non só no simbolismo francés ou os escritores vitorianos, senón que durante todo o século XX foi froito de homenaxes tanto na literatura como no cine, a música e a pintura. Douscentos anos despois do seu nacemento, a súa vixencia segue presente. É por isto que Edicións do Cumio quere renderlle tributo coa creación desta Biblioteca Edgar A. Poe.

O primeiro título en saír, previsto para comezos de marzo, é Os crimes da rúa Morgue, considerado coma o primeiro relato detectivesco da história da literatura. O segundo título será O escaravello de ouro, o terceiro será Un descenso ao Maelström, e o cuarto incluirá os relatos A máscara da morte vermella, A verdade sobre o caso do señor Valdemar, O manuscrito achado nunha botella e Sombra.

Os libros están traducidos por Susana Rodríguez Barcia e ilustrados polo baionés Fino Lorenzo.