A Marvel revela quen serán os Thunderbolts

205

A Marvel pechou onte a súa presentación de novidades no decurso da D23, o clube de fans oficial da Walt Disney Company, amosando un debuxo no que xa se ve quen serán os integrantes da equipa dos Thunderbolts no filme que se prepara para mediados de 2024.

No debuxo póde-se aprezar a Julia Louis-Dreyfuss coma a condesa Val, David Harbour coma o Red Guardian, Wyatt Russell coma John Walker/US Agent, Hannah John-Kamen coma o Ghost, a xa anunciada Florence Pugh coma Yelena, Olga Kurylenko coma a Taskmaster e finalmente, Sebastian Stan no seu papel habitual de Bucky Barnes.

O filme, coma o cómic da Marvel no que se basea, presentará unha mestura de heroes e falcatruáns unidos nunha equipa que traballa baixo a supervisión do governo americano, e pechará a Fase 5 do Universo Cinemático da Marvel. A Fase 6 arrincará pola súa banda co reinício da franquía dos Catro Fantásticos.

A rodaxe ten previsto comezar nos primeiros meses do ano que ven, con Jake Schreier (Paper Towns) coma director e Eric Pearson (Black Widow) coma guiuonista.