Vinte anos despois de participar na série Star Trek, a Nova Xeración, a actriz Whoopi Goldberg protagonizará unha série de seu de ciéncia-ficción na Web. A série chamará-se Stream e consistirá en seis episódios de cinco minutos cada un. Estreará-se o xoves na páxina de terror e rede de vídeos baixo demanda FEARnet.
A série chega un ano despois de que Goldberg, de 53 anos, anunciase o seu retiro do cinema para se centrar na apresentación do programa The View, no que substituiu a Rosie O´Donnell desde setembro de 2007. Goldberg dixo que a idea de actuar nun meio novo lle motiva especialmente, ao igual que a oportunidade de actuar en ciéncia-ficción e horror, dous dos seus xéneros favoritos.
“Retirei-me. Non fixera un filme desde fai tempo, e me perdin en como estaba a facer as cousas. Convertera-se en actuar por rutina, e non habia moito do que estivese a facer que me interesase“, dixo. “Pero a ideia de que podes estar a traballar e comprobar un webisódio gústa-me porque ese é o futuro. Podo reinventar o meu modo de actuar para poder retarme e ver a onde me leva na segunda metade da miña vida“.
Goldberg se fixo con unha forte base nos círculos da ciéncia-ficción co seu traballo en Star Trek: A nova xeración a finais dos 80 e primeiros 90. A actriz engadiu que é unha trekkie desde a infáncia, cando o seu creador Gene Roddenberry tivo os recursos de poñer a negros no futuro como personaxes da série orixinal dos 60.
En Stream, que consistirá en seis episodios de cinco minutos cada un, Goldberg é Jodi Quinn, un personaxe que loita cos seus demos persoais nun thriller de ciéncia-ficción que se move en tres etapas da sua vida.
A actriz, que fixo mais de 40 longametraxes e levou un Oscar á mellor actriz secundária polo seu papel no filme fantástico de 1990 Ghost, afirmou que acabou facendo comédia xa que ninguén lle pediu mais facer papeis de medo ou de ciéncia-ficción.