HBO / Avenue 5 – 2ª tempada. Chega a segunda tempada de oito episódios da comédia de ciéncia-ficción de Armando Iannucci, protagonizada por Hugh Laurie, Josh Gad, Zach Woods, Lenora Crichlow e Suzy Nakamura. Cinco meses despois de fracasar no intento de desviar a nave, a tripulación da Avenue 5 loita por dirixir, acougar e, se é necesário, agochar o pánico dos pasaxeiros. A estrea en outubro.