Finalistas do prémio Minotauro

0
194

O xurado da sexta edición do Prémio Minotauro, formado por Fernando Delgado, Ángela Vallvey, Juan Eslava Galán, Laura Falcó, Federico Fernández Giordano (gañador da quinta edición do Prémio Minotauro) e José López Jara como secretário, decidirá cal será a obra gañadora de entre os cinco finalistas da sexta edición do Prémio Internacional de Literatura Fantástica e Ciéncia Ficción convocado por Edicións Minotauro.

  • En la ciudad oscura de Ángel Towers
  • El desafío de Jorge Melero Camarero
  • Las graves planicies de Antonio Santos
  • ¡Por San Jorge! de Nicanor Quintín Buenaventura (seudónimo)
  • El templo de la luna, de Fernando Jiménez López

A entrega do Prémio Minotauro terá lugar en Madrid o vindeiro 12 de febreiro de 2009. O gañador desta sexta edición receberá 10.000 euros.

Esta nova cita consolida ao Prémio Minotauro como un dos mais importantes e de maior prestíxio da panorama internacional. A convocatoria pechou-se o pasado 5 de novembro tendo recebido un total de 205 manuscritos. O alcance xeográfico do prémio foi moi amplo: a maior parte dos manuscritos recebidos (127) procede de España, mentres que do resto destacan os 62 de América Latina, especialmente de Arxentina (32) e México (12).