Verbinski súma-se á animación

0
180

Gore VerbinskiO director de Piratas do Caribe, Gore Verbinski, fará o seu primeiro filme de debuxos animados asociándo-se co realizador Graham King para producir o proxecto.

O filme de acción e aventuras está baseado nunha ideia orixinal de John B. Carls, un empregado da empresa de Verbinski Blind Wink Productions, ten un orzamento inicial duns 60 millóns de euros e unha aposta polo ano 2010 coma data de lanzamento. O guionista John Logan (Sweeney Todd) está en conversas para se encargar de escribir o libreto deste filme e das súas posíbeis secuelas.

King financiará o desenvolvemento do filme, ainda sen título. A Warner Brothers ou outros estudos serán a sede do proxecto após de que se remate de escribir o guión.

Verbinski está a procurar un grupo de deseñadores para este novo filme, incluindo ao xénio dos efectos especiais Mark “Crash” McCreery e mais ao xefe de guionistas e artista de bocetos James Ward Byrkit, ambos dos cales xa traballaran con el nos seus filmes de piratas. O coprodutor David Shannon traballará como artista conceptual neste proxecto. Os realizadores decidirán se traballar nunha unidade de animación de seu ou se ir a uns estudos de gravación unha vez estea rematado o guión.