Tal e coma se agardaba, a 20th Century Fox e mais a Warner Brothers anunciaron o venres que resolveron a súa batalla legal polos dereitos de distribución sobre o filme Watchmen.
O lanzamento do filme de superheroes mantivéra-se en dúbida durante meses por mor da rifa que levou aos xulgados á Fox e mais á Warner, ambos loitando por ter os dereitos sobre esta longametraxe. Os estudos din que a data de estrea será finalmente o 6 de marzo, tal e coma se establecera nun primeiro intre.
Os voceiros de ambas as dúas empresas emitiron un comunicado conxunto o venres á noite no que confirmaron que a disputa legal ficou rematada cun acordo extra-xudicial que se manterá confidencial.
Os acordos para zanxar a rifa escomezaron no mesmo intre no que un xuiz decretou o pasado 24 de decembro que os dereitos de distribución corresponden á Fox, ainda que foi a Warner a que produciu o filme.
Os avogados dos dous estudos deberán agora manter unha xuntanza co xuiz federal Gary Allen Feess para discutir os termos exactos do acordo. O comunicado conxunto di que ambos estudos agardan con grande emoción a estrea do filme.