Greengrass narrará un conto de fadas

284

O director responsábel da triloxía de The Bourne Ultimatum, Paul Greengrass, ven de recibir o encargo de adaptar, dirixir e producir unha longametraxe baseada na mais recente novela de Stephen King, Fairy Tale, que apenas foi publicada o pasado día 6 deste mesmo mes.

A história vai sobre un rapaz de 17 anos que herda as chaves dun mundo aterrador onde o ben e o mal están en guerra. O que está en xogo non podería ser mais importante para ese mundo, pero tamén para o noso, mentres o protagonista viaxa ás raíces míticas da narración humana.

A propiedade, co vencello de Greengrass, porá-se á venda de xeito inminente e agárda-se que moitos estudos e canles de televisión amosen o seu interese por ela. Greengrass e Greg Goodman producirán a película.

O mesmo King confirmou a alianza con Greengrass nun comunicado: “Non é preciso dicir que son un fan de Paul Greengrass e coido que é unha marabillosa elección para este filme“.