Reeves e Lawrence volven en Constantine 2

481

O actor Keanu Reeves e o director Francis Lawrence volverán traballar xuntos nunha secuela do filme Constantine, co que a Warner Bros. Pictures adaptou ás pantallas ao popular persoaxe da DC Comics en 2005.

A película orixinal recadou mais de 200 millóns de dólares e foi protagonizada por Reeves no papel do exorcista sobrenatural e demonólogo John Constantine, un persoaxe creado no título Hellblazer dos cómics da DC.

Nesa película, os seus intentos de axudar a unha muller (Rachel Weisz) o deixan atrapado na batalla entre o ceo e o inferno. O arcanxo Gabriel (Tilda Swinton) e o mesmo Lucifer (Peter Stormare) ven-se involucrados na loita. Shia LaBeouf, Djimon Hounsou e Gavin Rossdale completaron o elenco daquela.

Para a secuela, Akiva Goldsman escribirá o guión, e ademais a producirá xunto a J.J. Abrams e Hannah Minghella, parceiros na Bad Robot.