Tres interesados en Caped Crusader

746

A Netflix, a Amazon e mais a megacorporación Apple son os grandes aspirantes a se faceren coa série de debuxos animados Batman: Caped Crusader após da decisión da HBO Max de deixar escapar o proxecto.

A série contará coa produción executiva dos cineastas J.J. Abrams (Star Wars: The Force Awakens) e Matt Reeves (The Batman), xunto co co-creador orixinal da série dos anos 90 Batman: The Animated Series, Bruce Timm.

O obxectivo era que a nova série recuperara a máxia daquela emblemática série de comezos dos 90 con inmersións psicolóxicas mais profundas e mais un estilo evocador do cinema negro na súa presentación.

Hai unhas semanas, a HBO renunciou ao proxecto e indicou-se que a série ía ser vendida a posíbeis compradores, e dende a pasada semana, Abrams e Reeves tentan convencer ás principáis compañías de streaming.