EN BREVE 30. Jan 2023 A planeada adaptación á tele do cómic Dead Day que ían realizar Julie Plec e Kevin Williamson (creadores de The Vampire Diaries ) ven de ser liquidada pola Peacock. O proxecto recibira un pedido para unha tempada hai un ano, pero a Peacock está a pasar por unha crise e cancelando case todos os seus plans de futuro, para o que polo de agora contempla só a produción de programas que permitan aos espectadores ver todos os episódios xuntos. En todo caso, para este ano agarda unhas perdas de ao redor de 3.000 millóns de dólares.
30. Jan 2023 Lisa Loring , a actriz que interpretou o papel de Wednesday Addams na série orixinal dos anos 60 The Addams Family , morreu aos 64 anos de idade o pasado sábado nun centro hospitalário de Burbank (Califórnia) por mor de complicacións causadas polo tabaquismo. Loring fíxo-se cargo do papel con tan só seis anos en 1964 e interpretou ao persoaxe durante dúas tempadas. Posteriormente, non volvería á tele até os anos 80 en telenovelas e películas de medo. Casou catro veces e tiña dúas fillas e vários netos.
27. Jan 2023 O filme de James Cameron Avatar: The Way of Water sobrepasou esta semana os 2.000 millóns de dólares de recadación nos despachos de billetes de todo o mundo, converténdo-se deste xeito na quinta película con maior recadación da história do cinema e superando a Avengers: Infinity War . A secuela de Avatar leva camiño de pasar tamén aos 2.068 millóns de Star Wars: The Force Awakens , o que suporá que Cameron contará axiña con tres das catro películas mais rendíbeis de todos os tempos.