Obaid-Chimoy, unha directora brillante

639

A xornalista e realizadora paquistano-canadiana Sharmeen Obaid-Chinoy, gañadora de dous Oscars e sete prémios Emmy, e cuxo traballo mais recente é en Ms Marvel, fará o seu debut coma directora dunha longametraxe co filme Brilliance para a Paramount Pictures.

A película é un proxecto longamente agardado de Will Smith e Akiva Goldsman, coa esperanza de que Smith a protagonice, se ben aínda non hai ningún compromiso pechado ao respecto, dado que dende o seu desafortunado comportamento na gala dos Oscars a comezos de ano, Smith non volveu a traballar e todos os seus plans ficaron polo de agora conxelados. Goldsman é o autor do guión.

Baseada na triloxía de novelas supervendas de Marcus Sakey, a história está ambientada nun futuro próximo onde os “brillantes”, que constitúen o 1% da povoación, nados dende os anos 80 con habilidades mentais que os fan superiores ao resto, son coidadosamente vixiados polo governo. Nestas, un axente federal, ao que daría vida Smith, é encargado de usar os seus própios poderes, a habilidade de lér a linguaxe corporal tan perfectamente que pode predicir os futuros movementos das persoas, para se infiltrar nun grupo radical e atrapar a outro brillante que podería levar ao país a unha devastadora guerra civil.

Smith, Goldsman, Jon Mone, Ryan Shimazaki, Greg Lessans, Shane Salerno e James Lassiter son os produtores.