Cage quere ser Egghead

391

EggheadNunha entrevista esta fin de semana, Nicolas Cage revelou que lle gustaría facer o papel de Egghead, creado na série de televisión Batman dos anos 60. Ao longo de cinco episódios, o lendário Vincent Price interpretou o papel do superfalcatruán coñecido pola súa calva e o seu traxe branco e amarelo. Só despois da série, o persoaxe deu o chimpo ás páxinas dos cómics da DC. “Hai un achegamento ao persoaxe que podería ser terrorífico. E pensei moito niso. Non vou comparti-lo contigo“, dixo Cage.