Jonathan Bailey úne-se ás bruxas de Oz

618

O actor inglés Jonathan Bailey está en conversas para se unir ao elenco da adaptación cinematográfica en dúas partes do musical Wicked, dirixida por Jon M. Chu para a Universal Pictures.

Esta precuela de The Wizard of Oz vai sobre os preparativos para a chegada de Dorothy e conta a história de como Elphaba se converteu na Malvada Bruxa do Oeste e Glinda na Bruxa Boa.

Bailey interpretará ao príncipe Fiyero, o namorado de Elphaba, na longametraxe encabezada por Ariana Grande no papel de Glinda e Cynthia Erivo coma Elphaba. Este é o primeiro papel que se dá aparte dos correspondentes ás dúas protagonistas.

Stephen Schwartz, autor da música e as letras do show orixinal de Broadway, será o encargado de adaptar o guión xunto a Winnie Holzman. Marc Platt é o produtor.

Ambos filmes teñen prevista a estrea para o nadal de 2024 e 2025 respectivamente.