Keanu Reeves en Cowboy Bebop

786

Cowboy BebopAinda que está por se estrear o seu filme A bóla do dragón en abril, a 20th Century Fox xa lle deu o visto bó a outro proxecto baseado nunha série de debuxos animados xaponeses con actores reais, e será unha adaptación de Cowboy Bebop.

Esta série está ambientada en 2071 cando as “portas astrais” fan posíbeis as viaxes interestelares. A humanidade, dezmada após dunha explosión luar producida por un accidente nunha das portas, habita o sistema solar todo, mentres o crime, que dá lugar á aparición de moitos cazarrecompensas, espálla-se xunto á raza humana.

Keanu Reeves será posíbelmente o protagonista no papel de Spike Spiegel, un cazarrecompensas e antigo membro dun sindicato do crime. Spiegel, xunto a Jet Black, un compañeiro e antigo policía, son os dous pilotos da nave espacial Bebop.

Peter Craig está a escribir o guión. A série orixinal, que apareceu a finais dos anos 90, foi fortemente influenciada pola música americana. Vários directores, guionistas e produtores do anime traballarán agora como conselleiros de produción e produtoresasociados neste filme.