Anvari dirixe unha nova Cloverfield

442

O realizador iraniano responsábel de Under the Shadow e de Wounds, Babak Anvari, ven de recibir o encargo de dirixir a seguinte entrega da saga de terror e monstros Cloverfield.

Este proxecto, que será a cuarta longametraxe da série, está en desenvolvemento na Paramount Pictures e continuará ao orixinal Cloverfield de 2008 de Matt Reeves, ao 10 Cloverfield Lane de Dan Trachtenberg (2016) e mais á recente The Cloverfield Paradox de Julius Onah de 2018.

As dúas primeiras películas recibiron unha grande resposta do público e a crítica e foron éxitos comerciais, pero a terceira foi masacrada pola crítica, aínda que contou con moitos espectadores grazas a ser estreada pola Netflix xusto despois do partido da Superbowl.

J.J. Abrams, Hannah Minghella e Jon Cohen serán os produtores deste novo esforzo, mentres que Bryan Burk, Matt Reeves e Drew Goddard serán os produtores executivos. Joe Barton, responsábel do aclamado filme de 2017 The Ritual, encargará-se de escribir o guión.