A Paramount pecha a porta a Star Trek 4

193

Star TrekA Paramount Pictures ven de eliminar da súa grella a cuarta entrega de Star Trek. O filme, baixo a produción de J.J. Abrams, tiña prevista a estrea para o 22 de decembro de 2023, pero polo de agora nin comezara a produción e nin sequera tiña totalmente pechado o elenco. O director Matt Shakman pola súa banda fica coas mans libres para comezar o desenvolvemento do agardado regreso de Fantastic Four á Marvel.