Jackman será Lobeto en Deadpool 3

512

Hugh JackmanHugh Jackman unirá-se ao Universo Cinemático da Marvel regresando ao seu papel de Wolverine en Deadpool 3, un filme que ten prevista a estrea para o 6 de setembro de 2024. O protagonista do filme, Ryan Reynolds, confirmou as novas na súa canle das redes sociais, mentres que o director Shawn Levy dixo nun comunicado: “Quero tomar un minuto para agradecer a Stranger Things que me adestrara para manter a boca pechada. Estas novas levaban a me queimar os beizos dende hai semanas“.