Armor Wars será unha película

258

A Marvel Studios ven de facer substanciais modificacións ao seu proxecto de Armor Wars. O que se supuña que ía ser unha série de televisión para o servizo de Disney+ será agora unha longametraxe. E coma resultado deste cámbio, o proxecto se adiará aínda mais na grella de desenvolvementos.

Don Cheadle repite o seu papel de coronel James “Rhodey” Rhodes e continúa a bordo coma protagonista. Yassir Lester, que ía ser o guionista principal da série, ficará coma guionista do filme.

Seica os estudos se comprometeron a desenvolver a história correctamente e, ao face-lo, se decataron de que unha longametraxe era o formato mais axeitado para contar a história. O cómic orixinal no que se basea a película abordaba a ideia de que a avanzada tecnoloxía da armadura de Iron Man caera en mans equivocadas. A rodaxe da série tiña previsto comezar en 2023.

Polo momento non hai ningún director asignado e non está claro en que lugar co universo cinemático da Marvel podería encaixar este filme, aínda que agora o mais probábel é que non se leve adiante até a sexta fase.