Taissa Farmiga regresará ao seu papel da irmá Irene, a monxa de The Nun, na segunda entrega desta franquía de terror da New Line ambientada no universo cinematográfico de The Conjuring. O primeiro filme, en 2018, resultou ser o mais exitoso no despacho de billetes de toda a saga de filmes. Farmiga úne-se a Storm Reid, que será a protagonista dunha produción que ten previsto comezar a finais deste mes, dirixida por Michael Chaves (The Conjuring: The Devil Made Me Do It) e con Bonnie Aarons regresando asemade ao seu papel de Valak, a monxa demoníaca.
O filme estará ambientado nos anos 50, pero polo de agora eses son todos os detalles do argumento que se deron a coñecer. James Wan e Peter Safran serán os produtores.
A estrea de The Nun 2 está prevista para o 8 de setembro de 2023.