Emma Stone entra en Zombieland

0
168

Emma StoneEmma Stone (Superbad) está en conversas finais para protagonizar xunto a Woody Harrelson e Jesse Eisenberg a comédia de terror da Sony Pictures Zombieland.

A história, coma xa comentáramos hai meses en NOVA FANTASIA, vai sobre un grupo de supervivintes que se axuntan para loitar contra os zombis que están a dominar o mundo postapocalíptico do Suroeste dos Estados Unidos.

Paul Wernick e Rhett Reese escribiron o guión, que dirixirá Ruben Fleischer. A rodaxe escomezará en febreiro en Atlanta (Georgia).