Médio século despois da súa primeira aparición nas pantallas de televisión, Velma Dinkley sae oficialmente do armário no especial de debuxos animados Trick or Treat Scooby-Doo que se estreará proximamente. Nun breve clip, Velma (a quen lle presta a voz Kate Micucci) atopa á deseñadora Coco Diablo (Myrna Velasco) e namóra-se decontado. Os anteriores guionistas e produtores de Scooby Doo xa dixeran que Velma era lesbiana, pero nunca puideran expresa-lo tan abertamente até agora.