George Miller, o director da vindeira produción sobre a Liga da Xustiza de América, voóu dende a súa Austrália natal até os Estados Unidos a pasada fin de semana para participar nuns cástings nos que procuraba actores novos para o seu longamente agardado filme de super-heroes.
O maratón de cástings escomezou o 14 de outubro e continuou o día 15, con 35 ou 40 actores a proba por diversos papeis, incluindo Superman, Wonder Woman, Batman, Flash, Aquaman, Lanterna Verde ou o Detective Marciano. Ademáis, tamén se puxeron a proba algúns papeis de persoaxes non super-heróicos.
Entre os participantes no cásting estiveron Adam Brody (O.C.), Joseph Cross (Running With Scissors), D.J. Cotrona (Windfall), Mary Elizabeth Winstead (Destino Final 3), Michael Angarano (Sky High), Teresa Palmer (Wolf Creek), Max Thieriot (Jumper) e mais o rapeiro Common.
O reparto da série da NBC Friday Night Lights tamén estivo prepresentado con Minka Kelly, Adrianne Palicki e Scott Porter nos cástings, nos que non houbo disfraces nin vestiário especial involucrado, senón soamente actores lendo páxinas redactadas, segundo puideron saber os nosos informantes.
Miller está á procura de actores que vaian medrando nos seus papeis ao longo de várias películas. As nosas fontes confirmaron que Miller, coñecido por ser un director moi meticuloso, non está só a probar os papeis en si mesmos, senón tamén a examinar a interactuación dos actores co resto do grupo. Agárda-se que o director dea a coñecer as súas conclusións aos estudos a meiados da semana que ven.