Harry Potter en galego

0
296

A capa do libro en galegoOnte púxose á venda Harry Potter e as reliquias da morte, última entrega da serie de novelas de J. K. Rowling, publicado por Editorial Galaxia.

Para celebrar este lanzamento Editorial Galaxia organizou unha série de actividades na FNAC da Coruña e na Casa do Libro de Vigo co fin de lles ofrecer aos harrypotólogos a posibilidade de compartir a espera do lanzamento dun xeito entretido. Unha hora antes da posta á venda da sétima entrega de Harry Potter tivo lugar un concurso de disfraces de personaxes desta série de libros. Tamén houbo unha charla-presentación a cargo dun grupo de lectores e coñecedores cualificados das aventuras de Harry Potter.

Editorial Galaxia vén publicando, en colaboración con Ediciones Salamandra de Barcelona, a serie Harry Potter en lingua galega. A última entrega, Harry Potter e as reliquias da morte, foi traducida por Laura Sáez, quen tamén prepara a tradución de Harry Potter e a Orde do Fénix. Carlos Acevedo é o tradutor de Harry Potter e o misterio do príncipe.

Este último libro narra os acontecementos que seguen directamente ao libro anterior: Harry Potter e o misterio do príncipe, e conclúe co enfrentamento final, largamente esperado, entre Harry Potter e o mago Lord Voldemort. Éste é o único libro da serie que non inclúe algún comentario da crítica no interior de la portada, na que en cambio se pode ler: “We now present the seventh and final installment in the epic tale of Harry Potter“.

Con estas novas saídas editoriais no ano 2008 Editorial Galaxia presenta en lingua galega a série completa do popular personaxe. O compromiso entre os editores é ofrecer aos seus lectores as obras ao mesmo tempo nas tres lénguas, de xeito que os lectores galegos poidan acceder á novela de J. K. Rowling nas mesmas datas que calquera outro lector do estado español. Este á a filosofía na que Editorial Galaxia vén desenvolvendo a súa política de traducións nos últimos anos. As novelas de Paul Auster, Martin Amis, Andrea Camilleri, Daniel Kehlmann están a ser publicadas á par que as outras línguas europeas.