Emma Tammi (Dollhouse) dirixirá a adaptación cinematográfica do videoxogo de terror Five Nights at Freddy’s na Blumhouse, para a cal a empresa Jim Henson’s Creature Shop está xa a traballar para traer á vida aos emblemáticos persoaxes animatrónicos.
Scott Cawthon foi o creador deste xogo, que vai sobre un problemático garda de seguridade que comeza a traballar na pizzería familiar Freddy Fazbear’s. Mentres pasa a súa primeira noite no traballo, decáta-se de que a quenda de noite en Freddy’s no será tan doada de superar, porque as xigantescas criaturas animatrónicas están vivas e poden mover-se cando non están a ser observadas.
Cawthon, Tammi e Seth Cuddeback están aínda a lle dar os últimos toques ao guión, e a preprodución está en marcha para comezar a rodaxe a princípios de 2023. Cawthon e Jason Blum producirán a película.