Trío de guionistas para Spawn

576

Scott Silver (Joker), Malcolm Spellman (The Falcon and the Winter Soldier) e mais o prometedor Matt Mixon traballarán xuntos na adaptación ao cinema de Spawn para a Blumhouse. O proxecto, baseado nos cómics de Todd McFarlane, leva en desenvolvemento polo menos cinco anos. Jamie Foxx aínda segue a bordo coma protagonista, no papel do antiheroe que apareceu nos cómics por primeira vez en 1992.

McFarlane amosara a súa predisposición a dirixir el mesmo o filme, a partir dun guión que el escribiu. Nombergantes, agora recoñece que podería non ser a persoa axeitada para o posto: “Se temos un actor de primeira categoría, produtores de primeira categoría, guionistas de primeira categoría, queres rodar para directores de primeira categoría, directores de fotografía de primeira categoría? A resposta é que por suposto. Manteñamos o impulso“.

Nun comunicado, Spellman dixo: “Eu mesmo, Matt Mixon e Scott Silver estamos comprometidos para honrar o que comezou Todd e o que Spawn é no fondo, para entregar algo que sexa relevante e provocador e distinto a calquera outra película de superheroes aí fóra“.

Nos cómics, Spawn é un antigo axente especial que fai un pacto cun demo despois de ser traizoado e asasinado. O demo permíte-lle regresar á Terra, pero cando o fai, pasaron xa cinco anos, a súa esposa seguiu adiante e el é agora un monstro desfigurado saído do inferno.

Spawn fora adaptado con anterioridade ás pantallas: nunha série de debuxos animados da HBO que recibiu boas críticas, e nunha película da New Line en 1997 que foi un fracaso nos despachos de billetes.