Ashley Edward Miller, o guionista responsábel de Thor e X-Men: First Class, será o encargado de escribir a adaptación ao cinema da novela gráfica The Gray Area, que apunta a se converter nunha nova franquía.
A Legion M, que se define coma unha empresa de entretemento propiedade dos fans, está atrás deste proxecto baseado nunha série de cómics orixinal de John Romita Jr. e Glen Brunswick publicada en 2004 e que ten coma protagonista a un poli corrupto e mullereiro chamado Rudy Chance, que está nunha “área gris” entre o ceo e o inferno despois da súa morte.
Cando lle dan unha segunda oportunidade para se redimir, Chance descubre que ten poderes extraordinários para loitar contra o mal, pero ao mesmo tempo, o seu lado escuro ameaza con condear a súa alma para a eternidade.
Miller traballou recentemente coma guionista e produtor executivo da série de debuxos animados da Netflix Dota: Dragon’s Blood, que vai xa na súa terceira tempada.
David Uslan, Terri Lubaroff, David Baxter, Jeff Annison e Paul Scanlan serán os produtores.