O elenco de Nosferatu vai medrando

630

O actor inglés Nicholas Hoult (X-Men, Renfield) está en negociacións para se unir ao elenco do proxecto favorito de Robert Eggers (The Witch, The Lighthouse), unha nova versión do clásico do cinema Nosferatu, para a Focus Features.

Bill Skarsgård interpretará ao famoso vampiro e Lily-Rose Depp tamén está en conversas para protagonizar a película. Polo de agora non se sabe que papel faría Hoult.

A história en todo caso é un conto gótico de obsesión entre unha rapaza enmeigada (Depp) na Alemaña do século XIX e mais o antigo vampiro de Transilvánia (Skarsgård) que a axexa, traendo consigo un horror indicíbel.

Eggers dirixe e escribe o guión, mentres que Jeff Robinov, John Graham, Eggers, Chris Columbus e Eleanor Columbus producen a película.