Wendell & Wild

206

NETFLIX / Wendell & Wild. O director Henry Selick (The Nightmare Before Christmas) e mais o produtor Jordan Peele (Nope) lévan-nos a unha fantasmagórica viaxe no filme de debuxos animados Wendell & Wild. Os protagonistas, un par de irmáns demos interpretados polos cómicos Key & Peele, enganan á adolescente Kat Elliott (Lyric Ross) para que os traia do inframundo á Terra e se produza o caos. No elenco atópan-se ademais Angela Bassett, James Hong e Ving Rhames. A estrea, o 28 de outubro.