Sydney Sweeney lidera o remake de Barbarella

455

A prometedora Sydney Sweeney (The Handmaid’s Tale) será a protagonista da nova versión do clásico da ciéncia-ficción dos anos 60 Barbarella que prepara a Sony Pictures.

Jane Fonda interpretou á famosa heroína, unha sexi aventureira espacial do século XLI baseada nun cómic francés orixinal de Jean Claude Forest. O persoaxe converteu-se nun éxito e o filme acadou grande sona grazas ao seu aberto erotismo e á sátira que supuxo contra os heroes da ciéncia-ficción do momento. Barbarella debía loitar contra o malvado científico Durand Durand, o inventor dunha superarma chamada o ráio positrónico, que o líder da Terra temía que caera en mans equivocadas.

A nova versión polo de agora non conta con guionista nin director, pero se agarda que Sweeney sexa ademais a produtora executiva.

No eido do xénero fantástico, esta será a segunda colaboración de Sweeney coa Sony, para a que xa está a rodar arestora o filme de superheroes da Marvel Madame Webb.