Michelle Yeoh e Pete Davidson veñen de unir os seus nomes ao elenco de Transformers: Rise of the Beasts, a sétima entrega da popular franquía do cinema producida conxuntamente pola Hasbro, a Skydance e mais a Paramount.
Yeoh lle prestará a súa voz ao persoaxe de Airazor, mentres que Davidson fará o própio con Mirage. A longametraxe xa foi rodada baixo as ordes do director Steven Caple Jr. e se atopa en postprodución.
Dominque Fishback e Anthony Ramos lideran o elenco desta película, que coma sempre mesturará acción real con moitísimos efectos xerados por computadora para traer á vida aos xoguetes da Hasbro. Nesta ocasión, o argumento está baseado na saga das Beast Wars, creada nos anos 90.
O filme en si mesmo descríbe-se coma unha aventura trotamundos ambientada nos 90, e na que os escenários van dende Brooklyn a Perú, presentando aos Maximals e aos Terrorcons na eterna batalla entre os Autobots e os Decepticons.
Transformers: Rise of the Beasts ten prevista a súa estrea para o 9 de xuño de 2023.