R.I.P. Angela Lansbury

414

Angela LansburyA veterán actriz Angela Lansbury, gañadora de seis prémios Tony e outros seis Golden Globe, finou onte na súa casa de Los Angeles aos 96 anos de idade. Aínda que o seu papel mais famoso foi o da escritora Jessica Fletcher, protagonista da série Murder, She Wrote (1984-1996), a súa carreira inclúe títulos coma The Picture of Dorian Gray, Samson and Delilah, Bedknobs and Broomsticks e moitos outros que a levaron a ser unha das faces mais populares do cinema e da televisión de todos os tempos.