A Urban Myth Films e mais a compañía The Imaginarium, propriedade de Andy Serkis, asociarán-se para adaptar á tele o clásico filme de terror The Wicker Man que dirixiu Robin Hardy en 1973.
Howard Overman, gañador dun prémio BAFTA con Misfits en 2010, é o autor do guión, cuxos dereitos foron adquiridos pola Studiocanal para adaptar a propriedade e vende-la a posíbeis interesados en distribuí-la.
No filme orixinal, Edward Woodward foi o protagonista no papel dun oficial de policía devoto cristián que investiga a desaparición dunha rapaza nunha remota illa de Escócia, onde atopa que os seus habitantes son pagáns e celebran unha festa en honra aos deuses celtas dos seus antergos. A propiedade foi tamén obxecto dun remake en 2006 protagonizada por Nicolas Cage, que foi famosamente mala e axiña convertida en obxecto de burlas na internet.
A nova versión, que se alongará abondo para se converter nunha série de televisión, explorará os mesmos temas do orixinal: os sacrifícios humáns, as supersticións e os rituais pagáns.