Mackie, Baccarin e Hasson en Elevation

594

Anthony Mackie (Avengers: Endgame), Morena Baccarin (Deadpool) e Maddie Hasson (Malignant) protagonizarán o thriller de acción post-apocalíptico Elevation, que George Nolfi (The Adjustment Bureau) dirixirá para a Lyrical Media.

O filme, definido coma de alto concepto e cheio de acción, estará ambientado nas Montañas Rochosas dos Estados Unidos e vai sobre un pai solteiro e mais dúas mulleres que deben aventurar-se dende a seguridade dos seus fogares para se enfrontaren a monstrosas criaturas, co obxectivo de salvaren a vida a un neno.

Kenny Ryan e Jacob Roman están a escribir o guión, mentres que Mackie, Brad Fuller, John Glenn, Alex Black, Jeremy Kipp Walker, Joel Viertel e mais Nolfi serán os produtores.