Trioscope, a compañía responsábel de The Liberator, adaptará Le Sommeil du monstre, unha série de cómics francesa da editorial Les Humanoïdes Associés orixinal Enki Bilal, para unha série de televisión de alta calidade.
Monster transportará aos espectadores a un mundo futurista caótico e salvaxe no que Nike Hatzfeld, un home coa capacidade única de se lembrar de todas as memórias dende o día que naceu, comezará a utilizar o seu don para lle dar sentido ao seu pasado coma orfo.
A súa história mestúra-se coa de Leyla e Amir, nados con poucos días de diferéncia na mesma cama do orfanato e tamén orfos no médio das bombas de Saraxevo en 1993, durante a guerra de Bósnia.
Considerados prescindíbeis e manipulados por unha organización radical que intenta erradicar a ciéncia e a verdade do mundo, as vidas do trío divíden-se en camiños diverxentes antes de volver a se reuniren.
A série inspirará-se visualmente no estilo e a construción do mundo de Bilal, e mesturará escenas con actores de carne e óso con contornos xerados por computador.