A secuela de Phenomena

613

Os estudos Titanus de Roma queren revitalizar a súa faceta coma compañía de produción e están a planear unha série de novos proxectos, un dos cales será unha secuela do clásico thriller sobrenatural Phenomena, que Dario Argento rodou en 1985.

Aínda que a empresa coma tal entrou en creba a finais dos anos 80 e deixou de facer proxectos para o cinema, agora o ex directivo da Disney de Itália Stefano Bethlen quere dar-lle un novo impulso creativo con novos orixinais e algunhas propiedades clásicas.

O proxecto mais salientábel destes últimos é o desenvolvemento dunha secuela de Phenomena, baseada nos nosos días, e que estaría mais ou menos baseada no filme giallo dirixido por Argento.

O plan é que o proxecto sexa unha película americana, cun director americano e con talentos americanos e internacionais. Cómpre salientar así mesmo que este non será un simple remake, senón unha secuela actualizada aos nosos tempos.

Jennifer Connelly protagonizou o filme orixinal, no papel da filla dunha estrela do cinema que chega a Europa internada nunha exclusiva escola para rapazas, onde as alumnas están a ser  o obxectivo dun desapiadado asasino.