Nicolas Cage protagonizará o thriller de acción Sand and Stones, cuxa rodaxe ten previsto comezar xa a partir do mes que ven en Dublin.
O argumento desenvólve-se nun futuro apenas povoado, onde a vida normal foi decimada. Paul (Cage) e mais os seus fillos xemelgos, Thomas e Joseph, puideron sobrevivir até agora, illados nunha remota granxa, pero viven en medo constante.
Cando chega o solpor, feroces criaturas da noite espertan e consumen a todos os seres viventes que atopan ao seu paso. E cando Thomas comete un pequeno erro, as criaturas aprovéitan-se e veñen por eles. Nunha carreira contra o tempo, Paul, Thomas e Joseph deberán executar un plan desesperado pola supervivéncia.
Ben Brewer, un produtor e artista de efectos especiais que xa traballou con Cage no filme The Trust, dirixe a partir dun guión escrito por Michael Nilon, quen tamén conta con experiéncia de seu con Cage, neste caso coma produtor do celebrado filme The Unbearable Weight of Massive Talent.
A película será producida pola empresa de Cage, a Saturn Films, en colaboración con Nilon, David Wulf, Arianne Fraser, Delphine Perrier e mais Braxton Pope. Ademais, Slava Vladimirov, Jared Underwood e Andrew Robinson serán os produtores executivos.