O 200º aniversário de Edgar Allan Poe

871

Edgar Allan PoeO luns á noite, cando millóns de admiradores de Edgar Allan Poe conmemoren o 200 aniversário do nacemento do mestre do macabro, un home cuxa identidade ninguén coñece deixará unha vez mais na tumba do escritor, en Baltimore, unha botella meio valeira de coñac e un ramo de rosas vermellas.

O misterioso visitante do bicentenário cementerio Old Western, na esquina das ruas Fayette e Greene na cidade de Maryland, a quen chaman “Poe Toaster”, ven facendo esta curiosa homaxe dende 1949.

As homaxes a Poe rematarán o 10 de outubro, cunha representación do seu funeral, cadrando co 160º aniversario da morte do escritor.

Case de acordo coa obra característica de Poe – que inclúe contos de terror, relatos detectivescos, situacións macabras e mistério, a causa da morte do narrador nunca ficou aclarada. As especulacións inclúen alcoolismo, conxestión cerebral, abuso de drogas, cólera, fallo cardiaco, suicídio, tuberculose e mesmo hidrofobia.

A influéncia de Poe, cuxas exploracións intelectuais incluiron asuntos como a criptografía e a cosmoloxía, atinxiu a escritores como Jorge Luis Borges, Julio Cortázar e especialmente ao meirande mestre de todos, H.P. Lovecraft.

Durante a conmemoración do 199 aniversário de Poe, mais de 150 persoas se congregaron fóra do cemitério da igrexa Presbiteriana de Westminter, pero o descoñecido “Poe Toaster”, como sempre durante décadas, logrou escabulir-se despois de deixar a sua homenaxe na tumba.