Simu Liu e as Sete Marabillas da Amazon

601

A Amazon Prime Video está a desenvolver unha série de acción e aventuras titulada Seven Wonders protagonizada por Simu Liu, quen ademais será o produtor executivo.

Baseada na novela homónima de Ben Mezrich, a história céntra-se no doutor Nate Grady (Liu), un brillante botánico e aventureiro que se asócia coa esvaradiza guía internacional Sloane Seydoux nunha carreira sen descanso para resolver un antigo mistério relacionado coas Sete Marabillas do Mundo Antigo.

Este proxecto non garda relación con outro anterior que nunca chegou a se materializar e que ía ser dirixido por Atom Egoyan.

Adam Cozad (The Legend of Tarzan) está a escribir o guión, que dirixirá Justin Lin (Star Trek: Beyond). Lin e mais o produtor de Black Adam Beau Flynn serán os produtores executivos, xunto a Cozad, Salvador Gatdula e Andrew Schneider.