Abdel-Meguid escribirá Death Note

429

A guionista Halia Abdel-Meguid ven de ser contratada para escribir e ser a produtora executiva da série de acción real baseada no manga e anime xaponés Death Note na Netflix.

A nova série, que xa fora anunciada en xullo, non gardará relación co filme de Adam Wingard de 2017 e será unha versión completamente distinta do material orixinal do escritor Tsugumi Ohba e mais o debuxante Takeshi Obata.

O manga vai sobre un adolescente que descubre un caderno negro que acaba fornecéndo-lle poder sobre a vida e a morte. O proxecto conta co apoio dos creadores de Stranger Things, Matt e Ross Duffer, a través da súa compañía, a Upside Down.

Abdel-Meguid é unha fan do manga de toda a vida, fala xaponés con fluidez e mesmo viviu con anterioridade en Tóquio. Mais recentemente traballou cos irmáns Duffer coma asesora de guión na adaptación da novela de Stephen King e Peter Straub The Talisman, e escribiu a adaptación da novela de Erik Larson The Devil in the White City que está a preparar a Hulu.