Osorio ten un pasado por diante

469

A directora luguesa Olga Osorio fará o seu debut no mundo da longametraxe con Un pasado por delante, un filme de ciéncia-ficción que comezou xa a súa rodaxe na cidade da Coruña e que conta coma protagonistas con Tamar Novas e Marta Nieto.

O guión da mesma Osorio e mais de Araceli Gonda narra a história de dous irmáns, Óscar, de 13 anos, e Teo, de 11, que son moi distintos e viven nun modesto apartamento. A acción ten lugar no verán de 1989, e mentres Teo é un fan do fútbol, Óscar está mais interesado na teoría da relatividade. Pero en realidade cadaún deles enfrónta-se ao seu xeito coa desaparición da súa nai, unha prometedora científica que morreu nun accidente mentres investigaba os buratos de verme no universo.

Para Osorio, a película “formula algunhas preguntas: o que pasaría se tiveramos a oportunidade de reescribir o noso pasado? O que cambiariamos?“. No elenco atopan-se Mario Santos, Rubén Fulgencio e Irene Jiménez, así coma os veteráns Mabel Rivera e Manuel Manquiña.

O filme basea-se nunha curta de 2016 titulada Einstein-Rosen, que participou no seu día en moitos festivais por todo o mundo. A produción corre a cargo de Vaca Films e Quien a hierro mata, coa participación de Amazon Prime Video, mentres que a estrea está prevista para o verán de 2023.