O videoxogo de Watchmen, en capítulos

0
150

watchmen3A diferenza de Iron Man, Hulk, As crónicas de Nárnia, a saga de Harry Potter ou X-Men, O Señor dos Anéis ou calquera outra adaptación cinematográfica de renome que acarrea vendas millonárias, non se editarán discos para o videoxogo de Watchmen, que chegará en marzo mediante capítulos descarregabeis para as plataformas Xbox 360 e Playstation 3. Será unha precuela do acontecido na novela gráfica e o seu primeiro episodio se denominará The End is Nigh.

A Warner decidiu apostar pola distribución dixital do xogo, aforrando custes de distribución. As compañías cada vez obteñen mais benefícios dos contidos que oferecen a través da Internet ou dos xogos creados para este tipo de distribución. Nombergantes, adoitan ser proxectos menos cobizosos que non se apoian en licenzas poderosas.

Sen embargo, Watchmen chegará pola Internet e non de forma completa, se non que ser irá vendendo en episódios que irán lanzando-se en distintos intervalos de tempo. O xénero elixido para o xogo foi o beat’em up, é dicir, xogos de acción cuxo desenvemento basea-se  en bater aos numerosos inimigos que saen ao paso. Os protagonistas serán Rorschach e mais o Búho Nocturno, dous dos personaxes mais carismáticos da licenza. Até dous xogadores poderán participar de forma cooperativa na mesma consola ainda que non a través da Internet.

O título do primeiro episódio, que chegará a Xbox Live e Playstation Network, é The End is Nigh. Nel relatarán-se acontecementos anteriores ao relatado no filme, que finalmente a Warner estreará en marzo tras ter chegado a un acordo coa Fox. Situará-se en New York en 1972, cinco anos antes cá novela gráfica. Desta forma, servirá para coñecer mellor o pasado de dous dos protagonistas mais carismáticos do cómic.