Vision Quest, a série spinoff de WandaVision, está xa en desenvolvemento pola Marvel Studios e a Disney+. O primeiro paso será a apertura dunha sala de guionistas a semana que ven e irá sobre como Vision (Paul Bettany) tenta recuperar a súa memória e a súa humanidade após dos acontecementos de WandaVision. A posibilidade de que apareza Wanda Maximoff (Elizabeth Olsen) está aberta e o proxecto conta coa supervisión de Jac Schaeffer.