Hemsworth substitúe a Cavill en The Witcher

238

Após de que durante esta semana Henry Cavill confirmara que regresaría ao seu papel de Superman proximamente e ademais se deran a coñecer algúns problemas entre os guionistas de The Witcher, coma que algúns deles nunca viran o videoxogo nin leran os libros publicados, e que mesmo falaran con desconsideración do orixinal, agora nun xiro inesperado dos acontecementos, o mesmo Cavill anunciou onte que o australián Liam Hemsworth (The Hunger Games, Independence Day: Resurgence) será o seu substituto no papel de Geralt de Rivia para a cuarta tempada da série da Netflix.

A compañía ven de renovar esta série de fantasía épica baseada no videoxogo do mesmo nome para unha cuarta tempada, pero a terceira, que xa se rematou de rodar, non se estreará nas pantallas até o ano que ven.

Cavill, que deu vida ao persoaxe de Geralt de Rivia dende o comezo da série, dixo nun comunicado:

A miña viaxe coma Geralt de Rivia estivo cheia de monstros e aventuras, e lamentabelmente, deixarei o meu medallón e as miñas espadas para a cuarta tempada. No meu lugar, o fantástico Sr. Liam Hemsworth tomará o manto do Lobo Branco. Coma acontece cos mais grandes persoaxes literários, transfiro o facho con reveréncia polo tempo que pasei encarnando a Geralt e con entusiasmo por ver a versión de Liam deste home tan fascinante e cheio de matices“.