Nyong’o entra no mundo silandeiro

461

Lupita Nyong'oA actriz keniana Lupita Nyong’o, estrela de Black Panther e gañadora do Oscar á mellor actriz secundária en 2014, está a negociar a súa entrada coma protagonista de A Quiet Place: Day One na Paramount Pictures. O proxecto, que é un spin-off do éxito de 2018 A Quiet Place, está baseado nunha ideia orixinal de John Krasinski, pero os detalles do argumento polo de agora non se coñecen. Michael Sarnoski (Pig) será o seu director.