Estrada adapta O Teu Nome á realidade

258

O realizador mexicano Carlos López Estrada (Raya and the Last Dragon) será o encargado de reescribir e dirixir o remake con acción real do aclamado anime de ciéncia-ficción de 2016 Your Name para a Paramount, a Bad Robot e a Toho.

Nesta nova versión, dous adolescentes descubren que están a intercambiar maxicamente os seus corpos dun xeito intermitente. Cando un desastre ameaza con poñer as súas vidas do revés, deberán atopar-se por fin para salvar os seus mundos.

López Estrada está a escribir o guión, baseado nunha versión inicial de Eric Heisserer (Arrival, Bird Box). J.J. Abrams, Genki Kawamura, Hannah Minghella e mais Jon Cohen serán os seus produtores.

O filme atópa-se en desenvolvemento, coa Toho encargada da distribución en Xapón, mentres que a Paramount fará o própio no resto do mundo. O filme orixinal recadou tan só no seu país de orixe 25.000 millóns de iens (171 millóns de euros).