Morgan Freeman na série de Lucy

300

A EuropaCorp e a Village Roadshow van traballar xuntas para desenvolveren e produciren unha série spinoff baseada na longametraxe de ciéncia-ficción Lucy, que dirixiu Luc Besson en 2014 e que recadou 460 millóns de dólares nos despachos de billetes de todo o mundo.

Morgan Freeman está a negociar a súa incorporación ao elenco coma protagonista, repetindo deste xeito o seu papel de profesor Norman que fixera no filme orixinal.

Scarlett Johansson protagonizou o primeiro filme, facendo o papel dunha muller que obtén poderes psicoquinéticos despois de tomar unha droga que é absorbida polo seu sangue e que lle desbloquea todas as súas capacidades cerebrais.

Polo momento, os detalles do argumento da nova série permanecen en segredo.